Patrocinio

Apoio institucional ao Foro

Convidamos a institucións, fondos institucionais e empresas comprometidas co mar a impulsar un foro con vocación europea. O patrocinio do Foro é unha aposta pola pesca de litoral, pola súa sustentabilidade e polo seu futuro en Europa.

Panorámica arquitectónica da lonxa de Ribeira sobre a auga, con barcos amarrados no peirao
Arquitectura da lonxa de Ribeira · Foto: Díaz & Díaz Arquitectos

Visibilidade europea

Presenza nun espazo de referencia para a pesca de litoral, de Ribeira a Europa.

Vínculo co Simposium

Asociación co Primeiro Simposium de Pesca de Baixura e coa futura Declaración de Ribeira.

Compromiso co futuro

Respaldo á sustentabilidade e ao relevo xeracional: sen xente nova non hai pesca.

Cada acordo de patrocinio trátase de forma personalizada coa dirección do Foro.

Dispoñemos dun dossier de patrocinio a disposición das entidades interesadas, a petición.

Entidades patrocinadoras — en constitución

Caixas de ourizos de mar recén chegados á lonxa de Ribeira
Ourizos de mar na lonxa · Arquivo da Cofradía de Pescadores «San Pedro» de Riveira